Nun barrio de unha das
nosas vilas, vivía un rapaz que se chamaba......., que se chamaba.....
Bueno, agora non que
lembro, ou........é que cicaís nunca o supén. O caso é que o cativo
tiña un alcume polo que era coñecido, chamabanlle “O Baldroas”.
Oido o alcume xa é
máis fácil saber porque o alcumaban así.
Veredes, o Baldroas
tiña un pelo pincho tan teso coma se fose de arame, ainda que pola maña entre él
e a súa nai esforzabanse en peitealo cun peite case que sen púas e cunha mextura
de auga e cuspe, pero nin así, o Baldroas non era capaz de baixar o seu pelo de
arame.
Usaba un pantalón de
cadros, pero non de cadros cadros, senón de cadros de remendos, e a súa
camisa parecía a dun veterano de guerra, digo isto polos costuróns que tiña,
feitos con moito cariño, pero con pouca pericia pola súa nai .
Todo isto acompañabase
cuns fermosos zapatóns. Zapatóns que por
certo lle viñan grandes, sen cordóns e
uns calcetíns de lá grosa que lle permitian ter os pés enxoitos no inverno e
mollados de suor en verán.
Cada mañan erguianse,
non moi cedo, agás se tiña que ir a escola, e despoís de almorzar un pouco de
leite e pan duro, saian a acompañar a seu pai a o traballo.
O pai era traballador
autónomo, ou traballador liberal, ou pequeño empresario, ou..........resumindo,
o seu pai era limpiabotas, ou simplemente “ limpia”.
Como decía todos os
días do ano, agás domingos e festas de gardar, a familia saia en procesión cara ao
centro da vila, que era o lugar onde o xefe da familia exercia a súa profesión.
Limpia!, limpia!,
berraba o pai polas terrazas dos cafés en procura de clientela que lle permitira soster a
súa familia.
Mentres o pai facia o
seu traballo, a nai ia en procura de
algunha esmola, ou algún agasallo en casa de
xente con máis solvencia económica que eles, e case sempre tiña algún beneficio.
Baldroas pasaba parte
da mañan xogando con seus amigos polas rúas da vila. Os nenos que
vivían no centro da vila tiñan máis xoguetes dos que nunca soñara o rapaz, e esto debía
ser porque todolos anos recibian a visita dos Reis Magos, mentres que nos barrios apenas os visitaban
porque lle quedaban máis lonxe.
Nembergantes a falta
de xoguetes suplias co seu maxín, cun grande maxín que lle permitia imaxinar
cousas cas que xogar a cotio.
Pero Baldroas tiña un
grande soño, ter un coche de pedais.
Un seis de Xaneiro
fora ao parque da vila, nun día tan frio como soleado, onde todolos rapaces lucian
os agasallos que lle puxeran os Reis
Magos na noite da ilusión. Pero de todo
o que estaba a ollar: bicicletas, bonecas con carrito, papaventos,
escopetas.............., o que máis lle gustou foi un fermoso coche de madeira a pedaís. Tiña duas plazas, o
seu cor era amarelo e azul, as portas abrian e as luces alumeaban, incluso
tiña bocina, aquello foi para él impactante.
O rapaz que o
conducía subía e baixaba polas costas do
parque ante a mirada orgullosa dos seus pais, a envexa dos seus
amigos e a admiración ou o que sexa do Baldroas.
Nin se sabe canto
tempo estivo ollando para él, o caso é que cando o coche subía tocando a súa bocina e
alumeando o sol cas súas luces, o Baldroas ia correndo detrás del.
Cando o coche baixaba
tocando a súa bocina e alumenado cas súas luces, o Baldroas ia detrás.
E así estivo sube e
baixa, baixa e sube, ata que o rapaz collido da man da súa nai marchouse do parque.
Baldroas era un rapaz
que cavilaba moito, él non tiña xoguetes coma os demáis nenos, por eso tiña
que facelos él mesmo.
Tiña unha pelota feita
de lá e papeís de periodico que fixera ca axuda da súa nai e que daba xenio vela.
Era a mellor pelota do
mundo, eso si, non botaba pero daba o mesmo, él se imaxinaba no estadio de Riazor da Coruña, era
o delanteiro centro, corría pola banda e era o que máis
goles metia. O estadio posto en pé
matabase a aplaudir, e él contestaba
brincando e abrindo os brazos cara ao publico.
Bueno, o importante
era o cariño co que estaba feita a pelota, e a fín de contas que diferencia había entre
o estadio de Riazor e o campo da leña onde él practicaba o seu deporte favorito.
Total que cavilando e
cavilando chegou a conclusión de que os
Reis Magos nunca lle traerían un coche de pedaís como aquel
azul e amarelo que vira no parque, polo que decidiu que a
mellor solución era prepararse para facer un él mesmo.
O primeiro que fixo
foi facer os planos, así que collendo un anaco de tella comenzou a debuxar nas
pedras do chan o que sería o seu futuro coche, despois fixo a lista dos
materiaís, esto último fixoo na súa cachola, porque a pedra non a podía meter no peto do
pantalón, e logo o lugar onde podería atopar as cousas que precisaba.
Vai ser un coche ben
bonito, cavilaba o rapaz, vai dar xenio velo, seguia cavilando. Todos os nenos da vila vanme ter moita envexa,
e os meus pais an estar ben orgullosos de mín.
E con estes
cavilacións pasou o día enteiro, se ben
e verdade que tivo que facer un alto para
xantar, xunto a súa familia, no mellor
restaurante da vila, “a cociña economica”, onde ian a
cotio gracias a os bos oficios do señor cura parroco que lle conseguira uns vales
de balde por falta de recursos.
Feitos os planos
comenzou o traballo de recolleita de materiaís. Preto da súa casa
estaban amañando outra, polo que se dedicaría
a recoller puntas vellas que logo
endereitaba cunha pedra.
Na carpintería
recollería os anacos de taboeiro que non valian, e por último precisaba unhas caixas de bolas, ou caixas de
rodamentos, dun taller mecanico. Esto último ia a ser o
máis difícil de conseguir.
E así pouco a pouco
nos ratos libres que tiña a volta da escola comenzou a montar a seu coche.
Os compañeiros de
traballo do seu pai preguntabanlle:
- Eh, Baldroas!, para
cando temos coche? -
- Pouco a pouco -,
respostaba o rapaz.
Tamén as monxas da
cociña económica estaban interesadas e preguntabanlle polos seus proxectos.
Ao Baldroas gustaballe
ollar para os coches e soñar que pronto tería un case que de verdade.
O Nadal quedou atrás e
os rapaces e rapazas voltaron a escola. No primeiro día de
clase todos falaban dos agasallos que lle trouxeran os Reís Magos. Bueno, todos ou case todos, porque Baldroas a
verdade era que non podía falar moito do tema. Pero o que si fixo foi comentar cos seus
compañeiros de curso os seus proxectos, ainda que.......
Moitos reironse del, pero o seu amigo Anxo, o
churreiriño, alcumado así porque o seu pai
vendia churros polas casas e rúas,
churros que previamente mercaba nunha
churrería e logo cun pequeño incremento no prezo vendía case que a domicilio, para que
a xente ben poidese almorzar churros quentes e recien feitos sen necesidade de sair
a rúa, decidiu colaborar con él.
- Se me axudas,
dicialle o Baldroas, eiche deixar dar voltas e voltas polo parque co meu coche, claro que
cando eu estea a descansar. -
O churreiriño era
realmente o único amigo del, xa que tiñan moitas cousas comúns, coma a forma
de vestir, o mesmo sitio para xantar e que tamén vivian no mesmo barrio, polo que os reis case que tamén
pasaron de largo pola súa casa.
Despois de explicarlle
máis polo miudo os seus plans, os dous amigos decidiron que a sair da escola
poñerianse a recoller os materiaís que irian acumulando nunha corredoira que había
detrás da casa do Baldroas e por suposto vixiando ben, non vaia a ser que pase alguen e nos roube o noso
traballo, cavilaban os nenos.
Ese día nin un nin o
outro traballaron moito na escola, ainda que a verdade e que nunca traballaban
moito, xa que no fondo sabían que con ler e escribir e algo de contas xa lle sería dabondo para a vida, pois
nin un nin outro pensaban chegar a universidade. Sabían
que case seguro o seu futuro iria moi parello as profesións de seus pais.
Riiing!.
Por fín sonou o
timbre, eran as cinco en punto da tarde.
Os rapaces saen
ordenadamente da escola, ou saen todo o ordenadamente que os rapaces poden sair da escola.
Baldroas e o
Churreiriño saen coas súas carteiras en busca da merenda que seguro que suas nais lle
tiñan preparadas.
- De que é o teu
bocata? -, dí o Baldroas.
- De pan con pan, respostou o Churreiriño, e o teu?-
- De pan con algo de
aceite de fritir peixe, - di o Baldroas.
E así entre bocado e
bocado, entre conversa e conversa comenza a recolleita de materiaís.
Pouco a pouco a
corredoira que hai detrás da casa do rapaz comenza a encherse de cousas, pero faltan as
máis importantes, as rodas.
Como xa dixen as mellores rodas son as de caixas de rodamentos
que so se poden conseguir nun taller
mecánico, pero nese intre os rapaces tiveron problemas de suministros, e deben esperar a que teñan máis
coches estragados que precisen caixas de rodamentos.
E así que case que
todolos días van de visita ao taller mecánico en procura do precioso material.
Como o tempo ia
pasando chegou a primaveira , e con ela o tempo das chapas, pero os bos xogadores
so admiten chapas en boas condicións, as dobradas non valen, nin as aboiadas. As chapas teñen que
estas en perfectas condicións, senon os xogadores non as admiten como premio.
Para darlle estabilidade
no xogo, é preciso encher as chapas para que pesen máis. O máis doado é facelo
con tonas de plátano ou de laranxa, pero pola contra apodrecense pronto e teñen que volver a
empezar.
Pero os grandes xogadores as tiñan cheas de
cera, e os dous amigos non podían enchelas de cera
porque as velas das súas casas so se encendían cando non había corriente electrica.
Aproveitando a
privilexiada situación familiar de seus respetivos pais, os dous amigos podían entrar
nos bares e cafeterias do centro da vila, tendo asi acceso a os cubos de lixo onde
estaban depositadas as chapas das bebidas, gaseosas, refrescos, cervexas, e
naturalmente as chapas máis codiciadas eran as máis escasas.
Por aqueles tempos
saira a rúa un novo refresco chamado “boy”, e case que ninguén tiña chapas dese refresco.
Nembergantes os dous
amigos tiñan abundantes provisións delas, polo que cando ian a xogar ao parque
enseguida aparecianlle rapaces para desputar grandes partidas.
E así chegaron as
vacacións de Semana Santa, e con ela as procesións, e cas procesións os cofrades
cas súas velas, que alumenando pola noite ian soltando cera que caia a o chan.
Detrás da procesión ia
a banda de música, e detrás da banda ia un fato de rapaces que recollían a cera,
ainda fresca, do chan para reenchelas chapas das botellas.
Nin que decir ten que
entre os rapaces estaban o Baldroas e o Churreiriño que ademáis eran os máis
rápidos entre todos para enche las
chapas.
Así, cando rematou a
semana Santa tiñan tal cantidade de chapas cheas de cera que xa non lle cabían
nos petos dos pantalóns.
Nembergantes todas
estas distracións non facían esquecer o
seu traballo de deseñadores e
constructores de coches. A pesares de non ter
rodas, o coche case que estaba xa montado.
Un día a sair da
escola agardaballe unha boa nova.
- Baldroas!, dixo o seu
pai, estiven limpando os zocos do mecánico e dixome que ten varias caixas
de bolas, que pases por ali cando queiras -
Baldroas deu un salto,
e sen coller a merenda que sua nai lle tiña preparada foise correndo cara ao
taller a recoller o seu tesouro.
- Boas tardes señor,
veño a recoller as caixas de bolas.-
- Son caixas de
rodamentos, e serven para facer xirar os motores, contestoulle o mecanico con voz
pacente. -
- Xa o sei señor, pero
nós chamamoslle así, e tamén usamolas para os nosos motores.-
Ao mecanico deulle a
risa, e dando a volta foi cara a un caixon cheo de pezas que xa non servian.
- Mira Baldroas, aquí
tes sete caixas, escolle as mellores, ainda que se queres podes levalas todas, ti
verás.-
- Graciñas señor,
levareinas todas e así terei tamén rodas de reposto. -
E sen pensalo dúas
veces comenzou a meter as caixas nos seus petos, e despoís de despedirse saiu
correndo coma un lostrego en busca de o Churreiriño e poder rematar o coche.
Atopou a seu amigo
facendo reconto de chapas mentres degustaba unha ducia de churros resesos que le
dira seu pai, xa que os excedentes de mercaduria que seu pai non era capaz de
vender no mercado consumianse na casa dous ou tres días despois.
- Churreiriño!, -
berrou o Baldroas.
- Churreiriño!, xa
temos as pezas que nos faltaban. -
O rapaz apoiou os
churros no chan e limpando as mans na camisa dixo.
- A ver, amosa logo.
Baldroas sacou de seu
peto o seu tesouro.
- Mira temos as catro
mais estas de reposto por se pinchamos. -
- Pero como que
pinchamos se son de ferro!.-
- Tes razón, pero
decimolo así coma quen.-
Despois de ollar un
rato para eles coma si de un verdadeiro tesouro se tratara, foronse tranquilamente parolando ata a
corredoira onde tiñan as outras pezas.
- Agora xa podemos
montalo!, dixeron case que a coro.
Pouco a pouco
deseñaron o plano de montaxe para ilo facendo ao día seguinte.
Esa noite case non
durmiron nin un nin outro.
Cada un na súa cama
iba imaxinando como sería ese coche que, según eles, ia ser a envexa de todolos
nenos que xogaban no parque a cotio.
Ao día seguinte,
despois de sair da escola, Baldroas pusoxe a montar o coche. Comenzou por xuntar as
taboas con puntas, ainda que o traballo non era nada doado, xa que primeiro
tiña que poñer as puntas dereitas, pois todo o material era de refugallo.
Esta tarefa supuso
levar unha morea de golpes nos dedos das mans, porque moitas veces non atinaba.
De súpeto cavilou:
- Churreiriño!, onde
se meteria ese.-
E deixando todo saiu
cara ao parque a ver si o atopaba.
A epoca das chapas xa
quedara atrás, e agora era a epoca dos papaventos, e Anxo o Churreiriño estaba
no parque vendo como outros nenos voaban os seus papaventos, e coma a outros
eralles moi difícil elevalas.
-Churreiriño!,
esquecicheste do coche. –
-Non Baldroas é que
cando iba cara a túa casa atopeime con
este nenos que me dixeron si queria ver
os seus papaventos.-
-E logo o coche?.-
-Xa, pero temos tempo
así que primeiro quero facer un papaventos.-
Baldroas precisaba da axuda do seu amigo para facelo
coche, polo que tivo que ceder así que e entre
os dous puseronse a facer un papaventos.
-E que materiaís
precisamos?,- preguntou o rapaz.
-Pouca cousa, cana de
vasoira, papel e cordel de bramante.-
-E onde pensas que
podemos coller todo eso?.-
-Nas casas do centro
da vila antes de que pasen os do camión de recolleita de lixo colleremos algunha
vasoira vella, os cordeís e o papel nas portas dos comercios, cando pechen claro. Ti
sabes que deixan sempre o lixo para que o recollan pola noite os do camión,
así que nós iremos antes e colleremos o que precisemos.-
Meu dito, meu feito,
esa tarde, antes de que seus pais pecharan os seus negocios, os dous socios recorreron
as rúas do centro da vila, e bastante máis rápido do que imaxinaron xa tiñan
todo o material preciso.
Da porta dunha pensión
recolleron unha vasoira case que nova, tan nova que lles daba pena ter que
partila.
Dunha tenda de roupa
recolleron tal cantidade de papel fino que lles daba para facer alomenos unha ducia de papaventos.
Dunha paquetería
colleron case que un rollo de fio de envolver.
-Mañan comenzaremos a
montaxe,- dixo o Churreiriño,- e cando rematemos iremos voar o
papaventos ao parque, e logo cando remate a tempada remataremos o coche.-
Baldroas non quedou
moi contento con esas ideas, pero non tiña máis remedio que facer o que lle
decía seu amigo, así que ao día seguinte
puxeronse a traballar no papaventos.
Con un coitelo de
cociña, que collera Churreiriño, sen permiso de seus pais, cortaron a cana de
vasoira en catro cachos, logo partiron cada cacho en dous, así tiñan oito pedazos,
con eles fixeron unha cruz, que logo pecharon en rombo, todo atado e ben atado co
fio de bramante.
Despois procederon a
forrar o rombo con papel fino, e para rematar puxeronlle unha longuisima cola
adornada cos restos de papel fino de mil cores.
Logo ataron o cordón
ao medio da cruz.
-Listo!, agora a o
parque. Imos voar esta maravilla.-
-O caso é que
voe- dixo Baldroas.
-Voará , non o
dubides- respostou Churreiriño.
Ao chegar o parque
viron un fato de rapaces voando papaventos. A meirande parte deles
eran feitas de plástico, con moitos debuxos e vistosas cores, outras tiñan formas
raras, con caras de animaís, ou bruxas voadoras.
Os dous amigos
puxeronse nun curruncho do parque a preparalo todo.
Estiraron a cola no
chan, logo Baldroas colleu o papaventos polo medio da cruz, mentres Churreiriño
soltaba parte do fio con unha man, e ca outra collía o carrete.
Cando estiveron listos
puxeronse a correr coma tolos para darlle impulso, logo soltaron de súpeto e o
papaventos comenzou a elevarse maxestuosamente polo ceo do parque.
Paseniñamente as
rapaces foron achegandose ao grupo de voadores de papaventos.
-Eh!, ollade cara ao
ceo!.- Berraron os do outro grupo.
-Ese papaventos é
precioso. E non é mercado!. Voa mellor que os nosos!-
Baldroas e Churreiriño
non cabían en si de gozo. O seu papaventos voaba mellor que os dos outros
nenos, ademáis tiñan a admiración dos cativos porque non era mercada, senón feita
por eles. Hoxe eran os reis do parque.
Durante varios días
máis foron a facer competicións de papaventos, e a deles era a que máis tempo estaba
no aire, mentres que as outras caian moi pronto.
Por fin chegou o mes
de Xuño, e as clases eran só pola mañan, así que agora tiñan tempo dabondo para
construir o coche, ademáis coma xa non había tanto vento xa pasara a epoca de voar os papaventos.
Comenzaba a apretar a
calor, e os carriños de xeados xa estaban na rúa. Xeados artesans de
cucurucho, de varios sabores que os rapaces chupaban con moito gusto.
Diante dos carriños
habia longas colas para mercalos, claro que os dous rapaces non estaban na cola,
eles estaban chupando outros xeados, tamén artesáns.
Cando o camión do xeo
repartia as barras polos bares do centro sempre lle caian anacos ao partilas, e
eses anacos remataban nas mans de Baldroas e Churreiriño que os degustaban con sumo gusto, ademáis
sacabanlle a sede moito mellor que calquer xeado.
E así con un anaco de
xeo en cada man, que iban chupando de camiño, foron cara a corredoira a
traballar no coche, e telo rematado para cando principiaran as vacacións de verán.
-O primeiro é poñer todas as puntas dereitas- dixolle o Baldroas a seu amigo, vaino facendo ti
mentres eu vou xuntando as taboas.- Dixo todo isto pensando nos golpes que levara nos
dedos a ultima vez que intentou endereitar puntas.
Churreiriño pusoxe a
faena entre xemido e xemido, xa que a cada pouco levaba un golpe nos dedos.
Baldroas
foi xuntando as taboas para montar o “chasis” do automovil.
Cando todo estivo
listo comenzou a clavar as taboas, logo prepararon o banco, comprobaron que a
dirección funcionaba perfectamente, e por último puxeronlle as caixas de bolas.
Os dous sudaban a máis
non poder, pero o gusto de ver rematada a súa obra daballe forza para
continuar.
As vacacións de verán
chegaron ao mesmo tempo que o remate do prototipo de coche dos rapaces.
Nos primeiros dias de
Xullo facía unha calor abafante, case que non se atopaba un sitio fresco por onde
andar. Un día polo serán,
cando xa empezaba a fresca e todolos rapaces da vila ian a xogar ao parque, os
dous amigos levaron a rastras o seu coche. Cando chegaron subiron
unha costa para logo lanzarse por ela cara abaixo.
Baldroas como inventor
e deseñador foi a primeiro que subeo ao coche, o seu amigo doulle un
lixeiro empuxón e o coche comenzou a deslizarse pola costa abaixo facendo un ruido terrible.
-Eeeeeeeeh!, por fín
xa o temos-
-Siiiiiiiiii!,
conseguimolo, beeeeeeeen!-
Os amigos non cabian
en sí de ledicia.
-Agora tocame a min-
dixo Churreuriño.
-Si, agora sube ti - respostoulle a seu amigo.
E así unha e outra
vez.
E mentres o Baldroas
baixaba polas costas co seu coche facendo un ruido ensordecedor, todolos nenos e nenas ollaban
para eles admirados.
Cando o coche parou os
nenos fixeronlle corro arredor, entón ao baixarse do coche renococeu entre eles a
o dono do coche azul e amarelo que o miraba tanto ou máis apampado que él o
fixera o día de Reis cando o outro estrenaba coche.
-E o teu coche?-
preguntoulle o Baldroas.
-Estragueino contra un
banco do parque, agora non ten arreglo e tireino ao lixo, pero non importa, o
vindeiro ano pedireille aos Reís Magos
outro máis novo e moderno.-
-E pensas que cho
traeran?- volveulle a preguntar o Baldroas.
-Pois claro!, xa me
dixeron meus pais que so teño que ter paciencia.-
-Que sorte!,- dixo o Baldroas, - eu cando sexa maior ei
vivir no centro da vila, así os Reís visitaranme
tamén na noite da ilusión.-
E ca mesma arrastrou o
seu carro costa arriba para volver a botarse costa abaixo.