venres, 4 de outubro de 2013

O FACHENDOSO




Nunha pequena vila de Galicia había uns homes que sempre presumian de ser os máis valentes de toda a bisbarra.

- Eu matei unha vez dous lobos dun só tiro.-

Decia un.

 -Pois eu matei catro osos cun pau.-

Decia outro.

 E así todos contaban as súas historias tan disparatadas que ninguen era capaz de creelas, pero eles disfrutaban moitisimo cos seus contos que ninguén creia.

E asi pasaban as tardes enteiras falando e falando en vez de ir a procurarse un xornal con que manter as súas familias.

Un día xuntouse, a todo ese grupo, un home descoñecido pero que tamén sabía contar historias.

 Despois de oir as historias dos outros, e cando xa coemenzaba a caer a tarde dixo: “Eu tamén sei unha historia”.

Todos quedaron calados esperando oir unha historia nova, xa que estaban un pouco aburridos de oir sempre as mesmas, e unha boa historia nova darialles para falar moitas tardes, deste xeito terian disculpa para seguir sen traballar.

O home continuou falando:

A historia que eu sei non é un conto coma os que vos contades, senón unha historia de verdade, e tamén e certo que algúns dos que estades eiqui a falar e escoitar tamén a conocedes, porque ademaís o protagonista esta entre vos.

O silencio fixose máis grande, e ata algún puxose a tremer, entón o home descoñecido comezou a falar:

Fai algún tempo, nunha fria noite do mes de San Martiño, un home que rematara a seu traballo voltaba para a súa casa.

Coma era sábado e o domingo non se traballaba o home non tiña presa, polo que camiñaba a xeito e cada vez que se atopaba con algún coñecido poñianse a parolar: “Que  tal che vai a vida?. “Que  me contas da tua familia?”. “Como levas o traballo?”.

Total que o tempo ia pasando e cada vez era máis noite, e asi pouco a pouco foi deixando atrás a vila e foise metendo nas estreitas corredoiras do monte, camiño da súa casa, por onde xa non se veia nada, e a única luz que tiña era a do luar.

O frio daballe na cara, e o vento movía as árbores facendo deses silbidos que parecía que alguén ia cantando, ou que alguén ia chorando, pero sempre a súa beira.

De repente parouse e cabilou: empezo a sentir medo, e si aparece un lobo, ou dous, ou.......
    
      O home xa non sabía que facer.

      Se non me parase a parolar con tanta xente agora non seria tan de noite.

A noite estaba moi fria, pero o home non o sentía porque sin que nada pasara xa estaba morto de medo, e iso que él só matará un lobo nunha fria noite de inverno, claro que iso  estaba no seu maxín, e agora ao estar no medio do bosque de noite faciao sentir medo.

Andando e andando, cada vez máis de presa chegou a un claro no bosque, ali sentiu o vento cada vez máis forte.

Parecian mil voces que o chamaban, parecian mil voces que cantaban, parecian mil........, de supeto quedou prendido polas costas. Que medo!, o pobre do home xa non tiña nin fala, a lingua quedaralle trabada. –quedei mudo-, cavilaba o home, -quedei invalido-, seguia a cavilar, o home semellaba unha estatua, parecía que se convirtira en pedra.

Cando foi pasando o tempo e foise calmando, comenzou a falar e tentar de convencer a forza que o prendía para que o soltara.

“Eu son home de paz, teño muller e catro fillos que manter, ademaís son pobre e non levo cartos no peto, o xornal e pequeno e gastase pronto, asi que se non che importa soltame que vou para casa, e se me retraso a miña muller e os meus fillos vanse preocupar por min e van sair a buscarme con todos os veciños da parroquia”.

Pero aquela forza que o suxeitaba non o soltaba, e él  volveu a oir aquelas mil voces que o chamaban, aquelas mil voces que cantaban, aquelas mil voces que..............

Nada, nada, e nada aquelas forzas que o suxeitaban non o soltaban, non había forma de convencelos, mentres a noite ibase retirando e o día iba nacendo, xa non se sabía o tempo que levaba preso, pero iso xa non lle importaba, o que lle importaba ia pasar logo.

“Vanme roubar, vanme esfolar coma a unha galiña”

Aquel home que contara a todos que él só matara a un lobo nunha fria noite de inverno, e que todos lle creeran, estaba morto de medo.

Que pensarán os meus compadres se me ven-, pensou para si, -que vergoña-.

Cantos homes serán os que me teñen pillado?.  Serán tres, catro...........-, en todo caso deben de ser moitos, porque fan moita forza.

Pouco a pouco a noite foise retirando, e o día comenzou a clarexar, xa se podía ver con certa claridade o lugar onde se atopaba.

Un claro do bosque rodeado de carballos e piñeiros. Xa non facía vento. O vento forase a durmir, levandose con él as mil voces, os mil cantantes, e os mil...........

Pouco a pouco o home decidiu da la volta para ver cantos homes eran os que o prendían.

Paseniñamente comenzou a xirar con moita calma, lento, moi lento, lentisimo, ata que por fin.......Horror!

Estaba prendido nunha silveira, asi que sacando a navalla que sempre levaba no seu peto, por se atopaba un lobo, ou un oso, ou algún dos monstruos do seu maxín, cortou a silva que o prendía e dixo con voz forte.

SI FOSES UN HOME FACIACHE ASI! ZAS!.

E cortando a pola da silveira seguiu camiñando moi fachendoso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario