Nunha pequena aldea da
nosa Galicia, vivía un vello moi vello chamado Pedro. Pedro tiña dous fillos
que xa eran mozos, que traballaban nunha
das grandes vilas e xa estaban casados. Cada un deles tiña
dous fillos, polo tanto Pedro tiña catro netos.
A muller de Pedro morrera facía algúns anos, así que o pobre do vello vivía só, ou mellor dito case que só, xa que tiña un amigo que vivía con él.
A muller de Pedro morrera facía algúns anos, así que o pobre do vello vivía só, ou mellor dito case que só, xa que tiña un amigo que vivía con él.
Seu amigo era un
can, un can negro e de pelo ben
lustroso. Era de tamaño medio duns oito quilos, e de esa raza tan
coñecida en Galicia, chamada raza “palleira”, pero, eso
si, listo, moi listo, tan listo que sempre se decataba dos desexos do pobre de
Pedro e o acompañaba nos seus paseos, nunca se separaba del, e temos que decir
que case que entendía todas as reflexións que o seu amo lle facía en voz alta.
Polas festas de Nadal,
os fillos de Pedro adoitaban visitalo un
día. Viñan todos, é decir os dous,
acompañados polas súas mulleres e os seús fillos, ou sexa os netos de Pedro.
Non estaban máis cun
día, que tamén aproveitaban para visitar a os vellos amigos e poñer unhas flores
na tumba da súa nai.
Ese Nadal unha das
noras tivo unha grande idea.
- Teu pai non pode estar
só, así esta moí mal atendido, o mellor e metelo nun asilo, ou nun xeriatrico como
se dí agora.
A idea non lle fixo
ningunha gracia a Pedro que non queria saír de súa casa nin deixar a o único e
verdadeiro amigo que tiña, seu can.
Cando chegaba o verán os fillos noras e netos
pasaban tres ou catro días co vello. Dias que aproveitaban para baixar a praia e
disfrutar duns días de lecer. Eses eran os únicos
días que Pedro podía ver a seus fillos
en todo o ano.
Así que como non tiña
outros compromisos que atender, Pedro erguiase tarde e deitabase cedo.
Ese ano xa pasara o
Nadal e o inverno acababa de rematar, polo que neses primeiros días de
primaveira o vello e o seu can adoitaban saír a pasear polas pistas e incluso
baixar ata a praia.
A praia estaba deserta, non había ninguén, a
area estaba chea de algas porque ata que
comenzara a temporada de baño o concello non mandaría limpala.
Pedro sentabase nas
rochas a ver coma as ondas do mar batían contra elas e poñiase a cavilar
sobre a súa vida e falando tamén en alto, mentres o seu can estaba a carón del
escoitando atentamente coma se o entendese.
Cando o sol empezaba a
caer, o vello e o can daban a volta cara a súa casa, logo prendían a cociña para
quecerse eles e máis a cea, e despoís de ver un anaco de tempo a televisión ianse
a deitar.
Pero non pensedes
que se deitaban xuntos, non, non, o vello na súa cama, e o can na
alfombra que tiña a os pes da cama.
Unha mañan Pedro non
se ergueu da cama, coma xa era tarde o seu can comenzou a ladrar para
espertalo, pero parecía que non lle
facía caso. Logo tiroulle da roupa
da cama, pero nin así.
Os ladridos do can
alertaron a os vecinos, e varios deles entraron na casa vendo con sorpresa que Pedro
xa non era deste mundo.
Chamaron a os fillos,
fixeronlle un velatorio. Ao día seguinte toda a aldea acompañouno ata a
igrexia. O can tamén quería ir,
pero duas patadas no lombo sacaronlle a idea.
Cando rematou o
funeral os fillos voltaron a casa a repartirse as pertenzas do vello, e dende logo non consideraron que o can
fose parte da herdanza, polo que foi violentamente
desaloxado. Esa foi a primeira noite da
súa vida que o can pasou debaixo das
estrelas.
A primaveira estaba a
rematar, e o verán xa estaba chamando a porta,
os días eran máis longos,
e as noites máis curtas, e sobre todo empezaba a facer calor.
O can pasaba de casa
en casa a mendigar un pouco de comida que lle botaban os vecinos da aldea, e
algo de cariño, pero ninguén estaba
disposto a quedarse con él.
Un día baixou a praia,
como soía facer con Pedro cando o tempo o permitia. Agora a praia estaba
diferente, estaba limpa, as areas tiñan un color amarelo clariño, e ata a auga
do mar estaba máis azul.
O can sentouse nunha
rocha, case que na mesma rocha onde , o soia facer sempre o seu amo, a ollar para
o mar, e a soñar, claro que con soños de can. Pensaba onde estaría
Pedro, e se estaría a lembrarse del.
A praia agora tiña
moita xente, xa non estaba baleira. De súpeto a súa beira
apareceron dous nenos.
- Mira Anxo que can mái
bonito, e parece que esta só.
O can decatouse que
estaban a falar del e paseniñamente, movendo o seu rabo, achegouse a os nenos. Anxo fisolle unha
caricia.
- Fixate Tareixa que
mansiño é.
- Sí, -respostoulle a súa irmá-, e que bonito é.
- ¿Como se
chamará? -, dixo Anxo.
- Penso
que él non nós vai a decilo -, respostou Tareixa.
- Entón
vamos a poñerlle nome.
- Morito,
Morito -, berrou a nena-. Ti non ves que é negro, pois ese é o nome máis axeitado, Morito.
- Esta ben, imos a
chamarlle Morito.
- Morito ven con nosco -,
dixeron os nenos a coro, e o can foi detrás deles, moi ledo, movendo o seu rabo.
- Ves xa se decatou que
estamos a falar del.
Os nenos e o can
puxeronse a xogar toda a tarde. Cando chegou a hora da merenda, os nenos
foron a area en procura dos seus pais a coller os bocadillos e as bebidas.
- Papá, mamá, mirade que
can tan bonito atopamos, e parece que esta só.
- Pusemoslle Morito e
ven conosco a todas partes.
A os pais fillose
gracia o can e tamén lle diron a merenda a él.
Despois de merendar
voltaron a xogar as rochas. Colleron
cangrexos, camaróns e bañaronse no mar. O can seguiaos a todas
partes.
Os nenos disfrutaban co can, e o can cos nenos.
Desde que morrera
Pedro ninguén lle fixera ningún caso, e agora por fín xa tiña amigos novos con quen compartir a súa vida.
Anxo e Tareixa eran
dous nenos de Madrid que veraneaban en Galicia dende facía moito tempo. Eles xa
tiñan un can no piso onde vivian, pero nunca o
traian de veraneo e adoitaban
deixalo mentres tanto nunha residencia para mascotas.
Cando chegou a hora de
marchar para casa dixeronlle a o can:
- Morito, agora imos a
casa, pero mañan cedo voltaremos, así que queremos que esteas conosco.
O can pareceu
entender, así que pasou a noite baixo das estrelas xustamente no sitio onde os pais tiñan
o parasol.
A mañan seguinte cando
a familia chegou a praia atoparon a o can gardandolle o sitio, xa que si
alguen pretendía poñer o seu
parasol alí, Morito poñiase a ladrar coma un tolo.
E así un día e outro foise pasando o mes de veraneo. Os nenos
estaban moi ledos con seu amigo, e o can
pensaba que despois da morte de Pedro xa volvía
a ter familia.
Un día os rapaces
plantexaronlle a seus pais a posibilidade de levar o can a Madrid con eles.
A seus pais non lle
pareceu mal a idea, xa que eles tamen querían a o can, pero logo puxeronse a
cavilar entre eles.
- Nós xa temos can,
vivimos nun piso pequeno, e que pasaría si os cans se levasen mal?.
- Por outra banda Morito
non esta afeito a vivir nun piso, pode enchelo de excremento, e eso non
vou toleralo- , dixo a nai.
- Tes razón, ademaís
pode ter dono na aldea, ainda que non se preocupen del, e si tentamos de levalo
podennos chamar a atención.-
Os pais decidiron non
comentar nada con seus fillos ata que remataran as vacacións, e así
pasaron os días cheos de ledicia para os nenos e o can.
Anxo e Tareixa mercaron un saco de pienso para cans que
tiñan no maleteiro do coche, e do que
todolos días sacaban unha boa ración para que Morito xantase.
Cando as vacacións
remataban os pais fixeron cavilar a os nenos sobre o futuro do can, polo que
decidiron non despedirse do can para que non sufrira.
Os nenos marchaban ca
esperanza de que o próximo verán
volverían a atopalo outra vez na area da
praia.
Un bo
día despois de sair da praia desapareceron para sempre.
Ao seguinte día,
Morito esperou sen éxito a seus amigos reservandolle o posto para que poideran clavar o
seu parasol.
Durante todo o día non
se moveu do sitio, nin siquera para xantar ou beber.
Ao día seguinte un
pouco preocupado ergueuse da area para pasear pola praia e polo aparcamento
pensando que os seus amigos se despitaran do sitio de sempre e foran eles os que
cambiaran de sitio, xa que na mente dos cans non cabe o abandono, senon o
extravío ou perda xa que eles nunca abandonan a seus amigos.
Pasaron un e outro día
e xa case que ninguen baixaba a praia. O verán rematara e o
outono principiaba.
Chegaron as primeiras
choivas, e os primeiros frios, pero o
can todo mollado e morto de fame seguia a
reservar o seu posto na area a sua nova familia.
E así
ata que un día ollando para a entrada do camiño, esperando por Anxo e Tareixa morreu de
soedade, xa que os cans a diferencia dos homes non poden vivir sen corazón, e o corazón de Morito tiña unha
metade na tumba de Pedro, e a outra metade estaba
cos nenos de Madrid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario