Nun país moi lonxano habitaba unha familia de corvos: papá corvo, mamá corva e os seus filliños corviños.
A familia era moi
feliz, todolos dias papa corvo e mama corva saian en procura de alimentos para os seus filliños, e sempre conseguian
moitos grans de millo, asi os seus filliños os
corviños, crecian grandes e fortes como papa corvo.
Despois de xantar,
a familia enteira saia a pasear polos campos e prados para ensinarlle a os
corviños os perigos que lles podian acechar, como os “espantallos”, pero sobre todo
outro tipo de animaís moi perigosos a os que non se debian de achegar cando
andiveran sós polos campos.
O maior
perigo , decia papa corvo, é un animal grande que anda a duas patas, chamase “home”,
tedes que ter moito coidado con él .
Entón dixo o
corviño máis pequeno - os homes voan, papá? –, non corviño, - contestoulle o seu
pai, - non voán, pero tedes que ter moito coidado con él, sobre todo si vedes que
leva un pau na man, ese pau podevos facer moito mal.
-¿Pode tirarnos o
pau e darnos con él na cachola?, non
corviño, dixo esta vez o papá, non é o que
pensas, os homes teñen paus furados que votan lume e fan moito mal, porque o que
botan si que voa.
¿Logo non podemos
achegarnos ao home?, volveu a falar o corviño. Non, repetiulle o
papa, nunca vos achegedes ao home nin vos fiedes del.- E así falando e
falando chegou a noite e voltaron para a seu niño.
A familia era moi
feliz, ata que un día en que papá corvo e mamá corva sairon de casa para ir
polos campos buscando grans de millo, oiose de lonxe un gran ruido, -Hai
tormenta- dixeron os corviños que estaban no niño, pero o ceo estaba azul, e
non habia nubes no horizonte, polo que o corviño máis pequeno empezou a pensar
no que lle dixeran os seus pais sobre o home, e os seus paus furados que botan
lume.
Pouco tempo
despois apareceu no horizonte voando só papá corvo, mentras mamá corva quedaba
tirada a os pés dun espantallo mentras o home do pau furado voltaba para a súa
casa.
Pasaron os dias, e
pasaron as semáns, papá corvo estaba cada dia máis tristeiro, non saia do seu
niño, e os corviños non tiñan nada que comer.
Temos fame papá -
dixeronlle un dia os corviños - levamos xa tres dias sen nada que xantar e
temos moita fame, coma somos pequenos non sabemos ir a buscar grans de millo,
si ti non vas morreremos de fame-, os corviños non paraban de chorar, e
así pasaron os días e as noites, as noites e oas días, ata que un
dia papá corvo decidiu saír a buscar
comida para que os seus fillos non morreran de fame.
Así que collendo un zurrón para meter os gráns de
millo, papá corvo foise só e tristeiro
polos campos en busca de alimentos.
E así, andado e
andando polos campos atopou unha fermosa pomba blanca que estaba a recoller
gráns de millo, e nada máis vela quedou prendado da súa fermosura.
Pombiña, pombiña –
dixo o corvo, - para que colles tantos grans de millo?
Para mín, e para
quen o precise – respondeu a pombiña.
Pois penso que eu
son o animal que máis o precisa -, dixo con voz tristeira o corvo. – verás
pombiña – continuou o corvo, - a miña muller morreu por culpa dun home cun pau
furado botoulle lume mentras collía grans de millo para alimentar a os seus
filliños a beira do espantallo, e agora non teño quen me axude a alimentar a os
meus corviños, querrias tí axudarme?.
Pois claro señor
corvo, entre os dous alimentaremos a os teus filliños os corviños.-
E así, todos felices e contentos voaron ata a casa
do señor corvo cargados de comida. Cando chegaron os corviños puxeronse moi
ledos e fartaronse todos de comer, ata o máis pequeno colleu un empacho de
tantos gráns que comeu.
Un dia e outro, a pombiña rebentaba coa
ledicia de poder facer ben a quen o precisaba, xa que o que máis lle gustaba
neste mundo era axudar a os demaís.
A pombiña seguiu a levar comida, a limpar no
niño dos corvos, traballando arreo, e ainda máis, mentras traballaba iba
cantando para compartir a súa ledicia cos demáis.
Os animaís que
pasaban polo bosque e vian como traballaba a pombiña dician: - que sorte ten
señor corvo de que esa fermosa pombiña coide da súa familia - , pero o corvo
respostaba – é o que lle gusta facer a ela, así que non debe ser tanto
traballo.
A pombiña que
estaba a escoitar non lle gustou nada esta resposta, pero ainda e todo seguiu a
traballar arreo para que a casa dos corviños estivera sempre limpa e non lle
faltara sustento a os máis pequenos.
Comenzaron a pasar
os días e as noites, as noites e os días, ata que se decatou de que o señor
corvo non facía nada, pero nada de nada, e nin siquera tiña unha palabra amable
para ela.
Asi
que...........un bo dia pola maña dixo:
señor corvo, eu vexo que ti non fas nada no niño mentras eu teño que
facelo todo, o niño esta limpo e ben limpo, e os corviños teñan a despensa chea
de grao, penso que xa chegou o momento
de marchar para poder axudar a outros animaís.
Ao señor corvo non
lle gustou nada oir isto, e poñendo os ollos vermellos, e coa cara fera de
buitre botouse enriba da pobre da pombiña e atouna por unha pata ao niño para
que non poidese escapar.- - daqui non te moverás nunca-, dixolle con cara fera,
-!NUNCA!, e as de traballar para min e para os meus fillos, ou non era iso o
que dicias que che gustaba facer, eh!- dixo o corvo berrando tan forte que en
todo o bosque fixose un silencio tan grande como cando na selva aparece o león
que ven de caza.
Presa para
sempre-, pensaba a pobre da pombiña, - e todo por querer facer ben a quen mo
pedía e non o merecía.-
A pobre da pombiña
pusoxe a chorar e chorar, pero as súas bagoas non foron capaces de ablandar o
corazón do malvado corvo.
Entre todos os
animaís do bosque correu a triste noticia, e moitos se achegaban para ver
engaiolada a pobre pombiña.
Pobre pombiña-,
decian todos, -tan boa e tan fermosa, nunca lle fixo mal a ninguén, e mira
agora por facer ben recibe mal.-
Pero entre os animaís
que miraban estaba o miñato, que con seu ollo de bo cazador estaba voando sobre
o niño dos corvos e decatandose de todo o que ali pasaba.
O miñato non era
precisamente amigo de pombas nin de pombiñas, pero era un animal noble e de bo
corazón, e él como páxaro libre que era, non lle gustaba ver a outro paxaro
engaiolado, e menos por culpa de un malvado
que so quería aproveitarse dela,
así que cabilando e cabilando tramou un plan.
Preto de onde
vivían os corvos habitaba unha familia de ratos, polo que esa noite o miñato
foi falar con eles.
Señor rato. – dixo
o miñato. – veño a facer un trato contigo-. O rato ao oir ao miñato que lles
falaba, escapou correndo e pechou a porta da súa casa.
Señor rato-,
volveu a insistir o miñato, - veño en son de paz, quero facer un trato contigo,
e penso que vaiche ser ben beneficioso-, o pobre do rato morto de medo saiu da
súa casa e tremendo dixo: que trato quere facer vostede que non sexa o de
comerme a min e a toda a miña familia.
Pois verás-, dixo
o miñato, deso vouche falar, nunca maís vas a ter medo de min nin ti nin a tua
familia, si me axudas nun plan que teño para ceibar a pobre da pombiña da súa
gaiola.
Supoño que xa
saberás o mal que lle esta a facer o corvo a pombiña, pois ben, eu non poido
consentir que se lle devolva mal por ben, asi que teño un plan para ceibala,
pero claro necesito a tua axuda, e a da túa familia. Se me axudades desta
empresa ou prometo non molestarvos nunca máis, e poderedes vivir tranquilos e non volver a ter
medo de min.
Acepto – dixo o rato
no momento.
O rato non so
estaba a pensar nel e na súa familia, tamén estaba a pensar na pobre da
pombiña, pois tanto a él coma a todos os animaís do bosque daballes moita pena.
O rato prestou moita atención a o plan que lle contaba o miñato.
A o día seguinte, pola maña cedo, cando o sol
comenzaba a despertarse despoís dunha longa noite, e a lúa retirabase a
descansar, o miñato que ese día erguerase moi cedo, comenzou a voar en circulo
arredor do niño dos corvos dando uns temibles berros.
O corvo, os corviños
e a pomba despertaronse asustados.
Cada vez o miñato
berraba máis forte e voaba máis baixo, e os corvos e a pomba cada ver estaban
máis e máis asustados, de tal xeito que papa corvo dixo: corviños vamonos
voando, ese miñato volveuse tolo e vainos tirar co niño, deixade a tonta da
pomba para que a coma o miñato e nos fuxamos en busca doutro niño.
E así o fixeron, sairon voando tan rápido como lles
daban a dúas ás deixando só o niño, e dentro del a pobre da pombiña tremendo de
medo porque xa se veia morrer.
Tan pronto coma o
miñato viu que os corvos abandonaban o niño empuxouno suavemente ata deixalo no
chan, entonces apareceron a familia de ratos que se puxeron a roer na corda ata
liberar a pobre da pombiña, mentras tanto o miñato estaba a carón dela sorindo.
Cando a pombiña se
viu ceibada non o podia crer. – graciñas señor Miñato- Dixo a pombiña con
algo de medo.
Xa eres libre
pombiña, dixo o miñato, sempre lle fixetes ben a todos os animaís que
precisaban da tua axuda, as almas nobles coma a túa non poden estar engaioladas
a forza, porque ti devolviches ben pola mal que che facian, así que a partires
de agora só quero que voes libre pombiña, vamos xuntos a disfrutar do noso
bosque.
E así, entre os
aplusos de todolos animaís do bosque que se habian xuntado para ver a
liberación da pombiña, sairon voando a pombiña e o miñato xuntos e libres para
sempre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario